A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 07 53 ou no correo turismo.escolar@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Ferrol

Axúdanos a buscar o tesouro do castelo! O corsario Drake din que roubou o diñeiro para pagar aos soldados do castelo e o agochou nalgunha parte para vover por el outro día.

Ferrolterra e Eume » Mañón

Visita ao punto máis setentrional da Península Ibérica e ao Coído de Bares, porto de orixe fenicia segundo autores. A espectacular paisaxe, que resulta ser ademais punto de encontro entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, non deixará a ninguén indiferente.

Costa da Morte » Ponteceso

Fermosa ruta homologada de sendeirismo (PR-G 148), mirando ao río Anllóns e ao mar de Corme, que na súa versión máis longa vai desde a ponte de Ponteceso, diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, pasando polo dique do Couto, o esteiro do río Anllóns (ZEC e ZEPA) e a ladeira do Monte Branco,

Casa do mel
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez

A Casa do mel é un centro de divulgación apícola que se encontra en Goente – As Pontes (A Coruña). Recibimos visitas de grupos de escolares e de outros colectivos.

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Visita a recursos de amplo interese arquitectónico no casco histórico da vila de Ortigueira.

Ferrolterra e Eume » Moeche

Procedente do século XIV, o Castelo de Moeche é testemuña privilexiada de históricos sucesos, como a "Revolta dos Irmandiños", dirixida cara a Nuno Freire de Andrade, a causa dos abusos que, dada a súa condición de señor feudal, efectuaba.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.