A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 07 53 ou no correo turismo.escolar@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Mugardos

O xacemento de Caldoval é ata agora o único baño doméstico (balneum) con palestra atopado en todo o noroeste peninsular. Un complexo dedicado á hixiene, á saúde, ao ocio e probablemente tamén á práctica deportiva.

Terras de Santiago » Boqueixón

Este centro de Interpretación ofrece visitas guiadas coas explicacións apoiadas nos paneis ilustrativos que están distribuídos por todo o centro.

Costa da Morte » A Laracha

Neste museo o visitante descubrirá o enxeño dos nosos antepasados para obter da natureza fontes de enerxía que facilitasen o seu traballo e mellorasen a súa calidade de vida.

Ferrolterra e Eume » Cariño

O territorio que abrangue o Complexo do Cabo Ortegal está integrado nun proxecto para ser considerado 'Xeoparque Mundial Unesco'.

Ría de Muros e Noia » Muros

A pesar de sufrir as consecuencias da explosión urbanística dos anos 60 e 70 do pasado século, Muros aínda conserva o seu soporte medieval e numerosos elementos arquitectónicos que testemuñan a súa orixe.

Datas: Baixo petición

Collage "Derrubando muros"
Costa da Morte » Carballo

Derrubando muros con pintura é un museo ao aire libre aberto todo o día, composto por medio centenar de obras de arte urbana espalladas pola vila de Carballo.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.