A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 07 53 ou no correo turismo.escolar@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » As Pontes de García Rodríguez

As Campeiras é un centro de educación ambiental que se atopa no Concello das Pontes.

Costa da Morte » Laxe

O Espazo Natural de Traba está composto por unha estreita lagoa costeira, moi rica en flora e fauna, un cordón dunar e unha praia de preto de 2 quilómetros de lonxitude. Todo o conxunto, asentado no Val de Traba, está rodeado polas formacións montañosas ou penedos de Traba.

Lagoa e marisma de Baldairo
Costa da Morte » Carballo

O espazo natural Razo-Baldaio é o litoral de Carballo, composto polo areal de Razo cunha parte visible de praia fósil e por un complexo dunar que o une á lagoa e marisma de Baldaio.

Ferrolterra e Eume » Ferrol

A través desta actividade faremos un percorrido polos barrios históricos de Ferrol (Ferrol Vello e Barrio da Magdalena) visitando os puntos e monumentos principais nos que coñeceremos que a historia está ligada non só aos homes que os habitaron senón tamén ás mulleres, famosas ou anónimas, ferrol

Ferrolterra e Eume » Cerdido

Esta ruta ofrece a oportunidade de percorrer as ribeiras do río Pontellas, na que se pode facer unha parada nun muíño tradicional e unha pequena minicentral eléctrica, así como cruzar numerosas pontellas, elementos que dotan dun grande valor etnográfico ao percorrido. 

Ferrolterra e Eume » Cerdido

A Fraga dos Casás é un dos últimos redutos do bosque atlántico autóctono. Está situado xunto ao Río Mera, entre as Fragas do Eume e as Grañas do Sor. Nel podemos apreciar a súa riqueza e variedade arbórea: teixos, carballos, castiñeiros, cerdeiras, xibardas, sanguiños...

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.