A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 07 53 ou no correo turismo.escolar@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Na granxa do Souto atopámonos cun picadeiro de cabalos que nos ofrece un abano de actividades que ofrecer ao alumnado.

Ferrolterra e Eume » San Sadurniño

Esta horta, xestionada pola Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA), presenta dun modo didáctico as recuperadas e preservadas especies comarcais de árbores froiteiras, resultando ser máis de 160 variedades.

Ferrolterra e Eume » Cerdido

Horticina é unha explotación situada na parroquia da Barqueira, en Cerdido. Trátase da maior plantación de arandos do norte peninsular., pola que poderemos gozar dunha fascinante visita a través desta proposta. 

Ferrolterra e Eume » Ortigueira

Nesta actividade levarase a cabo un estudo da biodiversidade que xera a Ría de Ortigueira-Ladrido na súa franxa intermareal, coa observación de moluscos, gasterópodos, crustáceos, anémonas, aves, algas... etc.

Excepcional modo de comprobar as distintas formas de adaptación ao medio.

Ferrolterra e Eume » Ferrol

Nesta actividade propoñemos un achegamento ao mundo naval a través da visita a instalacións da Armada de fai 250 anos. O Arsenal composto por antigos edificios, danos a oportunidade de contemplar os canóns do século XVIII, e ademais a visita a unha Fragata F-100, en función da dispoñibilidade e p

Ría de Muros e Noia » Muros

Este muíño caracterízase por ser o muíño de mareas máis grande de Galicia.

Unha parte do mesmo funciona como centro de interpretación e a outra parte anexa serve como centro de exposicións temporais.

Datas: Baixo petición

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.