A educación e os coñecementos adquiridos na ensinanza obrigatoria marcan unhas bases educativas para o ser humano. Así se forxan razóns e xuízos de valor que o estudantado poderá aplicar no resto das súas actividades vitais, servíndolles de ferramentas para a súa futura formación. 

O ámbito das ciencias sociais non escapa deste concepto. É máis, convértese nunha ferramenta básica para coñecer a contorna e a historia que nos rodea. Baixo esa premisa propóñense varias rutas que axunten o fomento da percepción do contorno no que viven e que, á súa vez, completen e complementen as materias formativas das aulas. 

Desde a Deputación da Coruña trabállase pola conservación e a preservación do patrimonio da provincia do cal é responsable. Por iso crear sinerxías entre o patrimonio cultural e os máis e as máis pequenos e pequenas, convértese nun obxectivo primordial que proporcione valores e coñecementos desde a infancia.

Onde? 

Como se pode apreciar neste espazo, ofrecemos por un lado rutas en recursos patrimoniais da Deputación da Coruña e, por outro, propostas procedentes dos municipios. 

A quen vai dirixido?

O programa está dirixido a escolares entre 4 e 16 anos, de calquera centro escolar da provincia da Coruña.

A Deputación da Coruña e distintos concellos ofrecen un guía que en cada visita se encargará de explicar os puntos máis destacables e interesantes do lugar. Teñen un carácter lúdico e formativo para que o alumnado goce aprendendo. Experimenta e investiga o patrimonio que te rodea! 

Canto dura cada visita?

No tocante ao patrimonio pertencente á Deputación da Coruña os percorridos e as actividades organízanse de modo que cada visita dure arredor de dúas horas, con tempo para debuxar, escribir, pasear e coñecer non só o lugar senón tamén a contorna. En canto ás propostas municipais, a duración será variable segundo o caso.

Ten custo?

As visitas aos bens patrimoniais da Deputación da Coruña son de balde. No referido ás propostas municipais, hai recursos cuxa visita é de balde e outros nos que non o é, presentando nos mesmos prezos variables segundo o caso.

Horarios e prazas

Para reservar o data e ruta o profesorado debe poñerse en contacto coa Deputación da Coruña dende onde se confirmará a dispoñibilidade e capacidade de cada visita.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto coa Deputación Provincial, que resolverá todos aqueles aspectos descoñecidos no teléfono 981 08 07 53 ou no correo turismo.escolar@dacoruna.gal


Contacto / Reserva

70 resultado(s) obtido(s) para a busca.
Ferrolterra e Eume » Narón

Área recreativa, con zona de acampada, lugar para merendar, aparcamento e, evidentemente, muíño en funcionamento.

Lugar de innegable encanto, apropiado para pasar un día confortable e agradable, coñecendo o medio nun contexto natural.

Ferrolterra e Eume » Ferrol

Para coñecer a fondo o noso patrimonio naval, visitaremos os museos desta temática da man dunha guía experta e amena.

Ferrolterra e Eume » Ferrol

Con esta actividade ofrécesenos un modo de coñecer a historia a través da marina e os barcos.

Terras de Santiago » Melide

Este antigo Hospital de Peregrinos, fundado por Fernán López e Aldara González no ano 1375, alberga o actual edificio do Museo da Terra de Melide. Datado no ano 1502, como se le na inscrición da fachada, conserva escudos de armas de quen o mandou construír, o conde de Monterrei, don Sancho de Ull

A Coruña e As Mariñas » Betanzos

O museo, referente da comarca, comparte instalacións coa biblioteca e o arquivo municipal no antigo Mosteiro de Santo Domingo.

Exterior do museo
Costa da Morte » Carballo

O edificio, que na actualidade ocupa o Museo de Bergantiños, foi construído en 1851 e foi antigo cárcere de Carballo.

5 resultado(s) obtido(s) para a busca.

Non hai resultados.