O faro do Cabo Vilán acolle unha nova exposición no mes de outubro

A sala de exposicións do faro de Cabo Vilán acolle durante o mes de outubro unha nova exposición de pintura.
Costa da Morte » Laxe
luns, 5 Outubro, 2020

Do 04 de outubro ao 04 de novembro a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura colectiva “LUCET” na que participan : Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras, Nuria Ruibal García, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Sabela Sobrino San Martín.
A exposición conta cunha nutrida representación da obra das artistas, acuarelas, óleos, gravados e traballos en técnica mixta, na obra que se presenta aparecen motivos variados, aínda que predominan os motivos paisaxísticos, mariñeiros e urbanos de Galicia.