ADEGA VALDÉS

ADEGA VALDÉS

Adega Valdés é reflexo da vocación e traballo da familia Valdés, propietaria desde hai máis de 45 anos destas 20 hectáreas de viñedos a beiras do río Ulla. No ano 2001, coa ampliación da Denominación de Orixe Rías Baixas a esa zona, fúndase a actual adega, que aúna tradición familiar coas máis vangardistas técnicas de elaboración vitivinícola.

Produto Turístico

Visitas guiadas baixo petición previa, en grupos reducidos de ata 8 persoas, que inclúen visita á adega, viñedos e cata.
A tarifa é de 15 euros por persoa, incluíndo cata e botella de viño, e existe a posibilidade de reservar xantar nas instalacións.

Reservas

É necesario contactar previamente co establecemento para concertar a visita a través do formulario de contacto da súa páxina web (www.adegavaldes.com).