ALIMENTOS RUTA XACOBEA

ALIMENTOS RUTA XACOBEA
Alimentos Ruta Xacobea é unha empresa de nova creación, dedicada ao queixo, produto estrela da zona en que se sitúa. A elaboración dos seus queixos, incluídos os de Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e Teto, leva a cabo a través de métodos artesanais, co asesoramento de recoñecidos profesionais do sector e con persoal de ampla experiencia. A empresa aposta pola innovación e a calidade do produto. Os produtos desta empresa pódense adquirir tanto en grandes superficies, as propias instalacións como a través da tenda en liña.
Produto Turístico
A visita á liña de produción pódese realizar en inglés, castelán e galego. É unha visita guiada, que inclúe unha degustación de queixos, e o seu prezo de é 13 euros por persoa (si non se inclúe unha visita ao prado) ou de 15 euros (con visita ao prado).