Antiga fábrica de papel de Laraño

Antiga fábrica de papel de Laraño

Este muíño papelero construíuse cara a 1792 na marxe dereita do río Sar. Afectada pola crise do comercio colonial, cerrou no segundo cuarto do século XIX, cambiando de actividade para pasar a ser un batán, un serradoiro de pedra e madeira, e xa na primeira metade do século XX, fábrica de cervexa. Finalmente, foi adquirida pola empresa "Papeleira de Brandía", e cesou a súa actividade cara a 1940. O abandono foi afectando as instalacións ata que se acometeu un proxecto de restauración e reconversión a uso hostaleiro. Hoxe é o Hotel A Quinta da Auga

Acceso

Accédese á Urbanización Brandia desde a estrada AC-543 (Santiago-Noia), nun desvío sinalizado. No Paseo de Amaia nace a liña 8 de autobús urbano (Tanatorio de Boisaca-Vidán).