BODEGA PAZO DE GALEGOS

BODEGA PAZO DE GALEGOS

A empresa Pazo de Galegos, fundada en 1990, é unha pequena adega familiar,
situada nunha terra historicamente dedicada aos viñedos. Controlando todo
o proceso de elaboración dos viños, xa desde o cultivo das viñas
(actualmente conta con 4 hectáreas de viñedo da súa propiedade e outras tantas
arrendadas a viticultores locais), co propósito de crear un caldo que sexa
fiel reflexo da terra na que se desenvolveu.

Dentro das propias instalacións, a Adega Pazo de Galegos conta tamén
con aloxamento e restaurante.

Produto Turístico

A visita ás instalacións leva a cabo en grupo, con guía, cun prezo de 60
euros por grupo. É necesario concertala previamente e pódese realizar en inglés,
castelán e galego; ademais dun paseo pola historia do lugar e
do Pazo, inclúe a entrada ás adegas e a visita aos viñedos.
Pódense realizar tamén catas comentadas (para as cales hai que consultar
a dispoñibilidade).

Reservas

Contactar previamente co establecemento para a reserva.