A CASA DA MEIXIDA

A CASA DA MEIXIDA

A Casa da Meixida, construída en típica pedra galega e madeira, está rodeada por unha leira de 8.000 m2, o que contribúe a que os hóspedes gocen dunha extraordinaria tranquilidade rodeados dunha paisaxe verde nun ambiente autenticamente galego

Produto Turístico

A Casa da Meixida atópase nun lugar privilexiado para coñecer desde alí tanto a Galicia costeira como a interior. Situada na Escravitude (Padrón) na provincia da Coruña (en pleno Camiño de Santiago portugués) atópase moi próxima a Santiago de Compostela e ás Rías de Arousa, Noia e Pontevedra galardoadas en repetidas ocasións coa bandeira azul.