DESTILERÍAS COMPOSTELA

DESTILERÍAS COMPOSTELA

Destilerías Compostela é unha empresa fundada en 1999, co obxecto de destilar, mediante métodos tradicionais, os bagazos de uva de Galicia, cuxos augardentes obtiveron ao longo dos séculos unha recoñecida fama internacional. Dedícase á elaboración de licores, bases alcohólicas, bases neutras e lácteas para embotelladoras e fábricas de licores.

Produto Turístico

A visita guiada á destilería (liña de produción) realízase con reserva previa para grupos de entre 15 e 30 persoas. Inclúe degustación. Castelán e galego. Duración duns 30 minutos. Contactar en dc@destileriascompostela.es ou no 981 81 60 50.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.