PAZO DE SEDOR

PAZO DE SEDOR

Pazo de Sedor é un aloxamento rural situado na Parroquia Santa María da Castañeda, municipio de Arzúa, a 42 km. de Santiago de Compostela, na confluencia do Camiño Francés e o Primitivo do Camiño de Santiago. Ofrece 11 habitacións dobres con baño completo e servizo de almorzo e de cea, así como servizo de bicicleta e pádel, xogos infantís.

Produto Turístico

Propón rutas de sendeirismo nos seus arredores, e a súa situación permite tamén percorrer algún tramo do Camiño de Santiago. Ademais, pola súa localización estratéxica na comarca de Arzúa, que dá nome á denominación de orixe "Arzúa-Ulloa", é fácil atopar pequenas queserías que traballan de forma artesanal. Tamén é sinxelo atopar explotacións de gando vacún nas inmediacións. Outros lugares de interese son o Encoro de Portodemouros, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, o Castelo de Pambre, o Castelo de Narla, Museo de Terra de Melide, etc.