A PEMENTEIRA

A PEMENTEIRA

Calquera persoa é capaz de identificar detrás da frase "uns pican e outros non" ao pemento de Padrón. Pois agora ofrecémonos a ensinar as nosas hortas. As 22 persoas que compoñen a SAT A Pementeira acompañámoste nun percorrido polo proceso de cultivo, selección e envasado do noso Pemento. Acollidas a Denominación de Orixe Protexida "Pemento de Herbón", ofrecémosche o auténtico, o lexítimo pemento; cultivado e escollido por mans que en si suman todo o ben facer tradicional, transmitido de xeración en xeración para ofrecer un produto que, hoxe, ademais, conta cos aportes da última tecnoloxía combinando o pasado, o presente e o futuro.

Produto Turístico

Visitas guiadas semanais para grupos en período de recolección de pemento (de Maio a Outubro).
A visita, en castelán e galego, inclúe visita á zona de cultivo, ás instalacións da fábrica e unha degustación final.
Consultar tarifas e horarios.