QUEIXERÍA ARTESANAL VARELA

QUEIXERÍA ARTESANAL VARELA

Queixería artesanal no corazón de Galicia, situada no municipio de Santiso,
parroquia de Visantoña, entre os municipios de Melide e Arzúa, moi preto do
Camiño de Santiago. Produce queixo tradicional galego ,acollido á
denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa, ademais de outros  queixos :curado(tipo nabiza), fresco e
picante, todos a partir do leite da súa propia explotación gandeira.

Produto Turístico

A partir do mes de xullo de 2015, e previa concertación de visita, efectuaranse visitas guiadas, en galego e castelán, para grupos de ata 15 persoas, cunha degustación final de queixos. Consulte as condicións de tarifas.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.