QUEIXERÍA BARRAL

QUEIXERÍA BARRAL

Nunha fermosa paraxe, entre carballos e pastos frondosos, atópase a pequena aldea de Pantiñobre, onde se atopa a Queixería Barral. Nesta empresa elabóranse artesanalmente queixos das Denominacións de Orixe Protexidas de Teto e de Arzúa-Ulloa, partindo da produción local de leite, de explotacións gandeiras da comarca.

Produto Turístico

Visitas concertadas para grupos, con degustación incluída. A tarifa é de 4 euros por persoa, e a duración estimada da visita é de 45 minutos.