QUESOS BREXEO

QUESOS BREXEO

Queixos Brexeo é unha pequena empresa familiar, dedicada á produción gandeira e a venda de produtos obtidos da transformación do leite, fundamentalmente queixo incluído nas Denominacións de Orixe protexidas de Teto e de Arzúa-Ulloa.
Conta na actualidade con nove empregados, e transforma entre 250.000 e 350.000 litros de leite ao mes para unha produción mensual de entre 30.000 e 40.000 kg. de queixo.

Produto Turístico

Visita para grupos á súa liña de produción, previa petición de cita, en inglés, castelán e galego (consultar outros idiomas), os sábados (mañás e tardes) e os domingos (mañá).

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.