ALTAVELA

ALTAVELA

Altavela é unha empresa dedicada ao sector náutico nada no ano 2000 e situada na Mariña de Sada. Xestiona unha ampla frota de embarcacións de aluguer e organiza eventos náuticos (outdoors, training) tanto para empresas como para particulares. Dispón ademais dunha escola de formación (Licenza de Navegación, Patrón Navegación Básica, Patrón de Embarcacións de Recreo, Patrón de Iate e Capitán). Forma parte da Asociación de Novos Empresarios (AJE), Asociación de Escolas Náuticas de Galicia e da Asociación Terra das Mariñas. Atópase certificada coa marca Q de Calidade Turística desde o ano 2012.

Produto Turístico

Altavela desenvolve actividades como bautismos de navegación a vela desde 3 horas, postas de sol en veleiro, visita á Ría de Ferrol e/ou A Coruña, grelladas a bordo dun veleiro, e unha variada gama de travesías de turismo náutico. Tamén ofrece aluguer de embarcacións de motor e vea con ou sen patrón. As tarifas varían en función da actividade.
Máis información na páxina web e nos teléfonos indicados.