Antigas estacións do Ferrocarril Santiago-Coruña

Antigas estacións do Ferrocarril Santiago-Coruña

O tramo Santiago de Compostela-A Coruña foi o primeiro en inaugurarse, en 1943, da liña Zamora-Coruña, coñecida como o Directo de Galicia.
A tipoloxía das estacións de viaxeiros é, cando menos, curiosa, porque non hai un deseño común e jerarquizado dos edificios, como adoitaba ser habitual, e porque os diversos estilos utilizados remiten esteticamente a estacións como a de Azpeitia e outras situadas no País Vasco.
As intervencións sobre o trazado da liña, xa no século XXI, para conformar o denominado Eixo Atlántico, supuxeron o peche de antigas estacións, que conforman hoxe unha mostra de reutilización deste tipo de edificios, un asunto en moitas ocasións complexo, debido fundamentalmente á localización e as dimensións dos mesmos. Como exemplo, a estación de Ordes-A Pontraga consérvase en perfecto estado, utilizada para servizos municipais do Concello. A de Uxes é un establecemento hostaleiro ("Vagonetas"), e na de Meirama expúxose situar un Museo da Minería de Cerceda, aproveitando a vinculación do ferrocarril coa Central Térmica e a explotación mineira (hoxe en proceso de enchido de auga do oco, como no caso das Pontes de García Rodríguez).

Acceso

Desde o núcleo urbano de Ordes, saír en dirección sur pola AC-5903 ata a estación, situada a un tres quilómetros da poboación, entre a vía e o río Lengüelle.