CABANAS DO BARRANCO

CABANAS DO BARRANCO

En Cabanas de Barranco búscase combinar a oferta de actividades de turismo mariñeiro activo, vinculadas co litoral, o río e a natureza, cun aloxamento singular entres as árbores, ecolóxicos e respectuosos co medio ambiente. As nosas 8 magnificas cabanas aúnan o tradicional coas novas tecnoloxías, e foron construídas con materiais locais e sustentables.

Produto Turístico

Actividades complementarias no mar: kaiak, piragüismo e canoa (en colaboración co Club de Piragüismo - Taxamar), e vea e windsruf (en colaboración co Centro Náutico Municipal de Outes).

Cruceiros Gastronómicos Cabanas do Barranco: organización de xornadas gastronómicas a bordo dun cruceiro, navegando pola Ría de Muros e Noia, con degustación de petiscos mariñeiros e viños galegos, dirixidas a todo tipo de público. O barco ten capacidade para un número de 6 a 12 persoas, e salgue desde o porto de Ribeira do Freixo. Aula multiusos para a realización de cursos de cociña, mostras de artesanía, exhibicións, etc.