CADENOTE

CADENOTE

Cadenote é unha empresa náutica con máis de 20 anos de experiencia, situada na Mariña Sada. Entre as súas actividades destacan a escola homologada para titulacións e Escola de Oficios Náuticos, o chárter ou excursións pola Ría en veleiro, o taller artesanal de fabricación de velas... Ademais, dispón de tenda de repostos, taller de mantemento e reparacións, fabricación de jarcias e arboladuras, venda de barcos e representación de importantes firmas.

Produto Turístico

Visitas guiadas concertadas para coñecer o deseño, corte e fabricación de velas e jarcias. Concertar cita previa e consultar condicións.
Rutas en barco a Ares, Redes, Sada, Lorbé, etc.; os prezos varían segundo o tipo de embarcación e duración da travesía.
Escola de Titulacións Náuticas para a obtención dos títulos necesarios para o manexo de embarcacións e Escola de Oficios Náuticos. Máis información e tarifas en web, teléfono e oficinas en Sada.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.