Casco antigo de Noia

Casco antigo de Noia

O casco antigo de Noia (a "vila gótica") foi declarado Ben de Interese Cultural en 1984, así como a Igrexa de San Martiño (en 1931) e a Igrexa-Cemiterio de Santa María a Nova (en 1973), onde se expón unha colección de lápidas gremiais. No núcleo urbano (na contorna do centro histórico) conserváronse algúns elementos do patrimonio industrial, como algúns muíños, especialmente a ponte e os muíños de Traba (hoxe dedicados a vivenda, aínda que se poden ver perfectamente desde a ponte), ou os restos da antiga fábrica de curtidos de Cadarso (cun proxecto de rehabilitación en marcha) no barrio de Chaínza. E todo iso sen contar espazos industriais de excepcional valor patrimonial no termo municipal, como a Central Hidroeléctrica do Tambre.

Acceso

Contorna urbana. Pódese acceder a Noia desde a autovía AG-56 (Santiago-Noia)