Central hidroeléctrica do Tambre

Central hidroeléctrica do Tambre

A Central Hidroeléctrica do Tambre, que segue en funcionamento, é un das dúas instalacións da provincia da Coruña (a outra é o Arsenal de Ferrol) incluídos no catálogo de 100 elementos incluído no Plan Nacional de Patrimonio Industrial.
Situada no val do río Tambre, cunha contorna dunha espectacular calidade visual, o edificio da Central, levantado en 1924, é obra do arquitecto Antonio Palacios, cunha linguaxe marcadamente historicista, especialmente na fachada principal.
As vivendas dos traballadores rehabilitáronse e constitúen hoxe o Hotel Pesqueira do Tambre, e a contorna da Central está preparado como área recreativa.
Desde esta área parte unha senda que, seguindo o río Tambre, leva ata as pesqueiras medievais de lamprea no río. Existe tamén unha ponte colgante que atravesa o río e comunica cunha pista forestal de forte pendente, desde a que se pode ver o conxunto da central e as canalizacións de auga desde o alto.

Acceso

Desde a vía rápida AG-56 tomar a saída a Lousame-Sampaio-Noia, en dirección a Santa María de Roo, e seguir as sinalizacións o Hotel Pequería do Tambre.