Cerámicas O Castro de Sargadelos

Cerámicas O Castro de Sargadelos
A cerámica de Sargadelos presenta un amplísimo catálogo de formas, motivos, relevos e cores exclusivos, desde completas vaixelas a figuras decorativas e xoias de deseño orixinal. Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora desde a súa fundación, na que tenta incorporar os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial. Horario de visitas, de 11:00 a 14:00h e 16:30 a 19:00h.
Acceso
Desde Burela, pola estrada N-642 en dirección Viveiro, a 4 km á esquerda existe un indicador que pon Sargadelos/Paraño. Collemos esta pista e a 1,5 km temos á esquerda unha nova pista que indica Sargadelos, seguímola, e a 500 m. está o Complexo.
Máis Información