Ecomuseo Forno do Forte

Ecomuseo Forno do Forte
Situado na localidade de Buño, vinculada tradicionalmente á actividade oleira, o Ecomuseo Forno do Forte está composto por diversos edificios, incluíndo a reprodución de vivendas de oleiros, un forno tradicional para cocer cerámica e un hórreo. Nas visitas pódese observar o traballo da olería en vivo, e mesmo elaborar pezas sinxelas coa axuda do oleiro.
Acceso
A poboación de Buño está na confluencia das principais estradas (AC-422 e AC-418) que se dirixen a Malpica de Bergantiños. O Ecomuseo está sinalizado.