Fervenza do Ézaro

Fervenza do Ézaro
O río Xallas desemboca en fervenza directamente sobre o mar no Ézaro, o que o converte en único en Europa. Conta cunha pasarela de madeira que permite chegar ata case a mesma fervenza, ademais dunha área recreativa, mesas e bancos, aparcadoiro, aseos accesibles a persoas con mobilidade reducida, parque infantil, oficina de turismo, pista de padel e porto deportivo.
Acceso
Saír de Dumbría dirección este por a estrada CP-3404. Chegados a unha rotonda, virar á man dereita pasando por diante da fábrica de carburos metálicos de Dumbría, dirección Cee. Atravesar os pobos de Buxantes, Busto e Carboal ata chegar a Brens. Alí tómase a estrada C-550, dirección Muros, atravesando A Pontella e Gures ata chegar ao Ézaro.
Máis Información