GERCA

GERCA

Gerca dedícase desde 1996 ao tratamento de metal para mobiliario urbano, de interior e carpintería metálica de alta calidade. Desde hai uns anos, posúe ademais a súa propia marca de mobiliario
de deseño en metal, KÜPU, creada con proxección internacional.
Nas súas instalacións pódese visitar tanto a fábrica onde se traballa o
metal de forma practicamente artesanal como o seu atractivo showroom no que
é posible ver e adquirir unha colección de pezas contemporáneas e exclusivas.

Produto Turístico

Visitas guiadas á liña de produción
previa petición de cita.

Entrada ao showroom en horario comercial.

Castelán, galego, francés e alemán.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.