MANUEL FIGUEIRAS

MANUEL FIGUEIRAS

Taller de cerámica artesá situado nunha paraxe natural xunto á localidade de Muros, no que se traballa principalmente co torno, ou empregando técnicas como o modelado ou os ferros. Manuel Figueiras é un artesán en permanente proceso de experimentación e especialización, e as súas vidriados de tipo oriental con orixe na antiga China ou Xapón, nos que emprega materiais de orixe local como as cinzas e o po do granito, fan das súas pezas verdadeiras xoias únicas. Dispón de tenda física e en liña.

Produto Turístico

Demostracións e exhibicións gratuítas, sen necesidade de reserva previa, en horario comercial. En castelán, galego e inglés.

Reservas

Non é necesario concertar cita previa