MARCHA NÓRDICA CORUÑA
Actividades de deporte, natureza e saúde, especializándose
fundamentalmente na marcha nórdica por diversos ámbitos da
provincia da Coruña.
Produto Turístico
Organízanse rutas de marcha nórdica todas as semanas, visitando diferentes
puntos de interese cultural, paisaxístico, industrial, gastronómico, etc.
O punto de encontro habitual é o Centro Slazenger Coruña-C/Muíño Lanuxe nº
11, 15668 (Pravio), Cambre. Accédese a este punto desde a estrada AC-221,
pasado o km 4 en dirección ao Lugar de Lendoiro.
Reservas
Consultar por teléfono ou correo electrónico as tarifas, dispoñibilidade e o punto de encontro.