MARINA SEOANE ILUSTRACIONES & ARTESANÍA

MARINA SEOANE ILUSTRACIONES & ARTESANÍA

Mariña Seoane, veterana ilustradora e artesá, abre as portas do seu taller artesanal para
mostrarnos as súas ilustracións, que foron publicadas en numerosas editoriais
ao longo de 35 anos, e a súa artesanía de autor. Traballa pezas de creación
única cos materiais máis diversos e naturais: marionetas, tapices,
colares, bixutería... Ademais, no seu taller, busca introducir aos nenos no
mundo da creatividade e a artesanía a través de diferentes talleres
enfocados a familias.

Produto Turístico

As visitas para ensinar o seu traballo no taller son gratuítas,
con cita previa.
As visitas cun taller para adultos e familias (mínimo 2
persoas e máximo 8 persoas, con cita previa), pódense realizar os xoves
(12:00 a 14:00 ou de 17:00 a 19:00) e os sábados (12:00 a 14:00 ou de 17:00 a 19:00).

O prezo de visita con taller de dúas horas, material incluído, é
de 15 euros para adultos e 12 euros para nenos. As familias de máis de tres
compoñentes terán un desconto dun 10%. Os talleres poden ser dun día ou
de varios días a convir.
TALLERES
Poden ser dun ou varios días, sendo aconsellable dous ou máis días
para ter un produto final ben acabado.

1. Introdución á ilustración: realización dunha ou varias
ilustracións dun texto literario, narrativa ou poesía. Materiais: lapis e
acuarelas.

2. Taller de monicreque: realización dunha figura de monicreque con papel
de xornal ou papel maché.

3. Taller de marionetas: realización dunha marioneta con diferentes
materiais (papel maché, listóns de madeira, cordas...)

4. Taller de máscaras de escaiola: realización dunha máscara con venda
de escaiola, cartolinas e acrílicos.

5. Taller de máscaras de papel e cartolina: realización dunha
máscara sinxela para os máis pequenos. A partir de 5 anos.

6.  Taller de tapices de alto lizo. Realización dun pequeno tapiz
con fibras naturais (liño, algodón, rafia... ) e obxectos como ramas, cunchas,
pedriñas...

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.