Miradoiro do Ézaro

Miradoiro do Ézaro
Desde o miradoiro do Ézaro gozarás dunha vista panorámica da desembocadura en fervenza do río Xallas, o cabo Fisterra, as illas Lobeiras, o monte Pindo e o encoro de Santa Uxía. Moi preto do miradoiro atópase o punto de inicio da ruta de sendeirismo cara á cima do Monte Pindo.
Acceso
Saír de Dumbría dirección este pola estrada CP-3404. Chegados a unha rotonda, virar á man dereita pasando por diante da fábrica de carburos metálicos de Dumbría, dirección Cee. Atravesar os pobos de Buxantes, Busto e Carboal ata chegar a Brens. Alí tómase a estrada C-550, dirección Muros, atravesando A Pontella e Gures ata chegar ao Ézaro.
Máis Información