O castelo de Vimianzo e a exposición de artesanía en vivo

O castelo de Vimianzo e a exposición de artesanía en vivo

O Castelo de Vimianzo, situado no núcleo urbano da localidade, foi construído a finais do século XII. Durante a coñecida como Guerra Irmandiña (século XV), o castelo foi asaltado, e desde fai xa vinte anos celébrase, no mes de xullo, unha festa popular en conmemoración do "asalto ao castelo". Desde 1994 está declarado Ben de Interese Cultural.
Sufriu numerosas reformas ao longo da súa existencia, e desde finais do século XX a Deputación da Coruña acondicionouno para a súa visita, de acceso libre. No seu interior alberga hoxe un centro de interpretación sobre a historia do castelo, e unha mostra de artesanía en vivo, que abarca diversos oficios e produtos tradicionais: encaixes, teas de liño, traballos en coiro, en pedra, en madeira...
Dentro do Concello de Vimianzo existen tamén outros lugares de interese, como as Torres do Allo, en Zas (declaradas tamén Ben de Interese Cultural), a Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba (entre os concellos de Vimianzo e Laxe), ou o conxunto etnográfico dos muíños de Batanes de Mosquetín

Acceso

Contorna urbana