OBRADOIRO CAMBÓN

OBRADOIRO CAMBÓN

No torno de Obradoiro Cambón, sempre respectando as técnicas milenarias, créanse pezas de corte tradicional (fontes, ánforas ou
queimadas), moldéanse pezas decorativas con simboloxía celta, así como colgantes, pendentes, cinceiros ou portavelas, cun catálogo no que predominan
os acabados envellecidos e marfil. Tamén se realizan pezas personalizadas por encargo.
Obradoiro Cambón forma parte da Ruta de Oleiros de Buño.

Produto Turístico

Demostracións gratuítas en horario comercial, previa cita. Venda directa ao público.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.