OLERÍA APARICIO

OLERÍA APARICIO

Membro da Asociación Oleira de Buño, oleiría Aparicio é unha empresa de longa
tradición artesanal dedicada á fabricación de pezas para vodas, agasallos de empresa,
comisións de festas, congresos, restaurantes, murais e outros
obxectos decorativos.
Todas as súas pezas están feitas a man e realizadas con barro de Buño, de recoñecido
prestixio por ser moi resistente ao lume.
Oleiría Aparicio foi finalista por dous anos consecutivos dos Premios
Nacionais de Cerámica (2012 e 2013).
Nas súas instalacións contan cunha ampla zona de exposición e venda. Tamén
dispoñen de tenda en liña.

Produto Turístico

Horario de tenda e exposición de 9.00 a 12.00 e de 16.00 a 21.00h.
Demostracións de traballo no torno e visita ao taller, previa petición de cita,
para individuais e grupos. Con capacidade para 100 persoas.
Gratuítas. En castelán e galego.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.