Ponle Cara al Turismo é unha empresa almacenista de intermediación turística, dedicada á planificación, comercialización e promoción da actividade turística desde unha perspectiva sustentable, accesible e comunitaria, cunha orientación especialmente dedicada ao turismo industrial.
Presta tamén apoio a emprendedores, asesorándolles en materia turística, e ofrece orientación a empresarios interesados en incluír ou enfocar os seus negocios cara ao turismo industrial.
Deseño, organización e xestión de visitas turísticas para axencias de viaxes, operadores de turismo, particulares, escolares e universitarios.
Servizo de guías locais e oficiais en varios idiomas.
Asesoría a empresas en materia de turismo industrial.
Máis información a través da páxina web ou do teléfono e o correo electrónico de contacto.