Ruta fábrica da luz

Ruta fábrica da luz
Esta ruta de sendeirismo lévanos de percorrido polo discurso do río Xallas. Ten o seu inicio en Brandomil. Ao longo da ruta atoparédesvos con varios bens patrimoniais como a ponte do s. XVI, dolmen de Pedra da Arca, o castro de Regoelle, a igrexa de San Martiño de Olveira, etc. Un paseo pola historia de Dumbría que finaliza na desembocadura do río Xallas no océano Atlántico en forma de fervenza.
Acceso
Saír de Dumbría dirección este pola estrada CP-3404, chegados a unha rotonda, virar á man dereita pasando por diante da fábrica de carburos metálicos de Dumbría, dirección Cee. Atravesar os pobos de Buxantes, Busto e Carboal ata chegar a Brens. Aquí é onde fai uno cruzamento que se debe coller á man esquerda dirección Muros, estrada C-550, atravesando A Pontella e Gures ata chegar ao Ézaro.
Máis Información