Torres do Allo

Torres do Allo
As Torres do Allo é un dos pazos máis antigos de Galicia situado no municipio de Zas, ao que se accede por unha bonita senda custodiada por carballos centenarios. Foi construído na segunda metade do s. XVI, no lugar que ocupaba unha antiga fortaleza que foi destruída polos Reis Católicos. O pazo é de estilo renacentista, e está formado por dúas torres unidas por longo corpo central. Destacan as xanelas e balcóns das torres, así como as cornixas e gárgolas de parte alta do pazo. Na actualidade está perfectamente restaurado e alberga un centro de interpretación etnográfico, que permite coñecer como era a vida no pazo, como era a familia que o habitaba, a súa roupa, como fabricaban o pan, etc. Ademais, o museo proporciona valiosa información sobre Costa da Morte. Horario: de luns a domingo de 10:00 a 20:00h.[i] [/i]
Acceso
Na C-552, a estrada de Finisterre, un pouco antes de chegar a Baio en sentido Finisterre, collemos un desvío á dereita que nos leva ata Torres do Allo. O lugar está perfectamente sinalizado.
Máis Información