O Mar e os seus Oficios
As poboacións costeiras viviron tradicionalmente da navegación e da explotación dos recursos mariños, actividades que crearon unha cultura e unha forma de vida propias. Coa chegada da industrialización estes quefaceres experimentaron un gran crecemento. A configuración dunha rede de transporte que permitía chegar máis rápido aos mercados e o desenvolvemento de procedementos para a conservación dos produtos (antes dependentes do secado e as salgaduras típicos da industria conserveira), foron cambios revolucionarios para as xentes do mar. Pero a súa implantación non supuxo unha ruptura radical coas vellas prácticas e oficios, moitos das cales aínda perviven. Basta dar un paseo pola costa para aprecialo.
A industrialización tampouco terminou coa marcada división do traballo aínda vixente. Os homes seguen vinculados ás faenas do mar. E son as mulleres quen desempeñan os traballos na terra, no campo e na casa, tarefas que combinan coa recolección de marisco e a confección de artes para a pesca.
A Agrupación "Río Anllóns" está formada polas mariscadoras que desenvolven o seu traballo no...
Unha das últimas empresas dedicadas ao secado de congro que queda en Muxía. Está situada nunha...
Casa Castiñeira é un aloxamento de turismo rural situado en Buiturón, unha aldea do concello de...
Conservas Cerdeimar é unha empresa fundada fai máis dun século, e situada na localidade de...
Brindámosche a oportunidade de coñecer o traballo, o oficio, a cultura e a tradición das...
En Raposo Cárnicos, cuxas instalacións están situadas nunha contorna rural,
rodeadas...
Benboa é unha cetaria con restaurante e mercado de peixe, situada no porto do pobo mariñeiro de...