AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS RÍO ANLLÓNS

AGRUPACIÓN DE MARISCADORAS RÍO ANLLÓNS

A Agrupación "Río Anllóns" está formada polas mariscadoras que desenvolven o seu traballo no estuario do Río Anllóns, en Cabana de Bergantiños. Desde a asociación e en colaboración
coas súas asociadas, dedícanse fundamentalmente á extracción de berberecho.
Nas súas instalacións teñen unha depuradora de circuíto cerrado para
comercializar o berberecho depurado. Pódese coñecer de primeira man como se realiza a depuración do berberecho, ademais da posibilidade de adquirir
directamente o produto fresco.

Produto Turístico

Visitas guiadas ás instalacións, en castelán e galego, en grupos, cun máximo de 20 persoas.
Consultar condicións, horarios e outros idiomas. Posibilidade de venda ao
público.