Aldea de Olveiroa

Aldea de Olveiroa
Ata hai unha década, a pequena e encantadora aldea de Olveiroa, sufría os males habituais de moitas das pequenas vilas do rural galego: o abandono da poboación e deterioro das construcións tradicionais. Hoxe é claro exemplo dunha localidade puxante e renovada, cun patrimonio restaurado e aproveitado, grazas ao Camiño de Santiago, que no seu traxecto a Fisterra ten parada no propio núcleo urbano.
Acceso
Desde a capital municipal, tómase a estrada local cara a Piñeiro de Val. A uns trece km está Olveiroa, no centro da aldea está a igrexa.
Máis Información