BENBOA

BENBOA

Benboa é unha cetaria con restaurante e mercado de peixe, situada no porto do pobo mariñeiro de Corrubedo, á beira do seu Parque Natural-Complexo dunar. No corazón deste singular porto, Benboa levántase no que foi unha antiga fábrica de salgadura, que estivo activa entre 1870 e 1950. No ano 2012 reabre as súas portas propondo unha forma diferente de facer a cousas, pondo o valor a contorna e desenvolvendo a gastronomía e a cultura galegas, defendendo a pesca sustentable e artesanal como principal abastecemento de materia prima, apostando polo desenvolvemento social, a protección do medio ambiente e a xeración de valor engadido sobre os produtos do mar.
Benboa pretende achegar aos fogares da península a gastronomía galega adaptada aos tempos de hoxe, con produtos do mar, pratos cociñados artesanalmente e 100% naturais, todo iso desenvolvido nunhas instalacións punteiras.

Produto Turístico

Realízanse visitas guiadas (aprox. 1h) á cetaria previa petición de hora, en inglés, castelán e galego, para grupos de entre 20 e 25 persoas.
Conta cun mercado de peixe e servizo de restauración, que se atopa aberto de martes a xoves de 9,00 a 18,00, venres e sábados de 9,30 a 2,00 e domingos de 9,30 a 22,00h.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.