CASA CASTIÑEIRA

CASA CASTIÑEIRA

Casa Castiñeira é un aloxamento de turismo rural situado en Buiturón, unha aldea do concello de Muxía en pleno corazón da Costa da Morte, que conta con 9 habitacións equipadas, terraza, sala de estar, comedor, soportal, parking e xardín.
Está situada moi próxima a unha das etapas do Camiño de Santiago-Fisterra (Finisterre)-Muxía, ofrécese a posibilidade de recoller en coche aos peregrinos (ao final da etapa ou en pleno camiño) e trasladalos de novo ao camiño.

Produto Turístico

Desde Casa Castiñeira o visitante ten acceso a unha gran variedade de actividades: surf en Costa da Morte, aluguer de bicicletas, escola de vela, paseos en barco, rutas 4x4, mergullo, etc. Ademais de numerosos puntos de interese na contorna (Muxía, Castelo de Vimianzo, Malpica, Camariñas ou Cabo Finisterre).