Centro de interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimos da Costa da Morte

Centro de interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítimos da Costa da Morte

Este pequeno centro de interpretación, dedicado especialmente aos naufraxios na Costa da Morte, está situado dentro do Faro de Cabo Vilán. Dentro do propio centro hai unha oficina de información turística.
O Faro de Cabo Vilán que existe na actualidade, levantado en 1896 para substituír ao antigo, de 1854, foi o primeiro faro español en funcionar con luz eléctrica, e a contorna en que está situado está declarado como "Sitio natural de interese turístico".
Para chegar ata o faro atravésase un parque eólico e rodéase unha piscifactoria, e a poucos quilómetros deste enclave, seguindo a costa, está o famoso Cemiterio dos Ingleses.

Acceso

Estrada sinalizada cara ao Faro de Cabo Vilán desde o núcleo de Camariñas.