CONSERVAS CERDEIMAR

CONSERVAS CERDEIMAR

Conservas Cerdeimar é unha empresa fundada fai máis dun século, e situada na localidade de Camariñas. Está especializada na produción de conservas de peixe e marisco enlatado de primeira calidade.

Produto Turístico

Visita ás instalacións de produción en grupos (mínimo 10 persoas), en inglés, castelán e galego, con reserva previa.
A tarifa é de 2 euros por persoa e o horario de 11,00 a 12,00 en días laborables (luns a venres).
A partir de setembro de 2015 contará, ademais, cun museo.

Reservas

Contactar previamente co establecemento para concertar a visita.