A Curota

A Curota

A pouca distancia ata o mar, cun forte desnivel en practicamente todas as direccións, e o carácter peninsular de Barbanza converten a estes altos, aínda que non cheguen a superar os 500 metros de altitude, nuns magníficos puntos de observación.
Xunto á estrada de subida cara á Curota está o miradoiro da Curotiña (dedicado ao escritor Valle Inclán), desde o que se divisa unha panorámica da Pobra do Caramiñal, inmediatamente debaixo, e o conxunto da Ría de Arousa. Seguindo o ascenso chégase ata a base do Miradoiro da Curota. Aínda que ata este punto pódese acceder en coche, para chegar ao miradoiro hai que subir uns metros por uns chanzos, polo que as persoas con problemas de mobilidade non poden chegar ata arriba. Desde o miradoiro da Curota pódese contemplar todo o conxunto da comarca da Barbanza, o Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo, e as Rías de Arousa e de Muros-Noia.
A estrada continúa cara a Os Forcados (620 m de altitude), onde existe outro miradoiro, pero o último tramo só é accesible a pé ou cun vehículo todo-terreo.

Acceso

Desde A Pobra do Caramiñal saír en dirección a Corrubedo (AC-302), ata chegar ao lugar Cruceiro de Moldes (aproximadamente no km. 4). Alí parte un desvío sinalizado que ascende cara aos miradoiros.