Faro de Cabo Touriñán

Faro de Cabo Touriñán
Situado no cabo do mesmo nome, este faro alerta constantemente da forza do océano da Costa da Morte. Touriñán é o punto máis occidental da Europa continental, e o seu faro localízase sobre un brazo de terra que penetra no Atlántico cara ao fin do mundo. Os constantes ventos de Touriñán converten a esta xa salvaxe costa, nunha paraxe áspera e inhóspita, silenciosa testemuña de incontables e tráxicos naufraxios. Sen dúbida un dos aspectos que máis impresiona do lugar é a súa altura así como a fereza coa que o mar bate contra o cantil. No verán, e coincidindo coa marea baixa pódese contemplar o labor dos percebeiros que arriscan as súas vidas en busca do prezado marisco.
Acceso
Saliendo del pueblo de Touriñán, en Muxía, nos dirigimos a unos 2 km por una carretera estrecha y sinuosa que conduce directamente al faro.
Máis Información