Faro e Percebeiras do Roncudo

Faro e Percebeiras do Roncudo
O nome deste faro atribúeselle ao rouco son producido polas ondas ao estrelarse contra as rocas do cabo sobre o que se haxa. O faro do Roncudo servía para guiar ás embarcacións na súa singradura por estas augas traizoeiras. Ademais, o percebe destes cantís conta cunha merecida fama mundial polo seu sabor e tamaño, ademais de polas técnicas de extracción artesanais que utilizan as percebeiras, arriscando a súa vida para achegarnos á mesa un manxar culinario de sabor e calidade especial. Destacan as cruces brancas que vixían o mar, en memoria de percebeiros falecidos por culpa dun golpe de mar mentres faenaban, mostra do seu heroico e perigoso oficio.
Acceso
Desde o porto de Corme, á beira da confraría de pescadores, sae unha estrada ao cabo do Roncudo, (2.8km).
Máis Información