Monte Branco

Monte Branco
O Monte Branco é un xigante de area e a atalaia da paisaxe de Ponteceso. É chamado así por estar recuberto da area que sobe pola ladeira do monte, empuxada polos ventos do suroeste. Desde o seu miradoiro, obsérvase o estuario do río Anllóns, que deixa unha bela paisaxe da ría de Corme e Laxe. Neste estuario é fácil atoparse coas mariscadoras en busca do afamado berberecho. Na súa contorna pódense realizar varias rutas de sendeirismo que percorren as marxes do río e puntos da zona tan importantes como a casa de nacemento do escritor Eduardo Pondal, a praia de Balarés ou a Pedra da Serpe, unha roca de granito cunha serpe alada gravada.
Acceso
Para acceder a el desde Ponteceso, tómase a carreta dirección Corme. Ao chegar a Cospindo, tómase o desvío á esquerda cara a Praia de Balarés.
Máis Información