Museo do Alemán

Museo do Alemán
Trátase dun orixinal museo ao aire libre creado por un peculiar alemán chamado Manfred Gnädinger, coñecido tamén polo Alemán de Camelle (Camariñas). Man, chegou a Carmelle nos anos 60 e creou o seu edén de fantasía e soidade, vivindo coma un ermitán do xeito máis natural posible. Vestido soamente cun taparrabos, tanto en verán coma en inverno, esculpía formas con elementos que lle traía o mesmo mar (rochas, plásticos, corais, ósos, etc.). El recollíaos, ensamblábaos, os esculpíaos, os pintábaos, etc. Moita da súa obra foi desaparecendo pola forza do mar, polas duras condicións climáticas da Costa da Morte, e incluso pola traxedia do afundimento do barco Prestige.
Acceso
Para chegar a Camelle debes tomar a estrada que vai de Vimianzo a Camariñas (AC ? 433). Na estrada atoparás un desvío a Camelle a man dereita (AC -1601). Seguindo a estrada chegarás a Camelle.
Máis Información