O porto e o faro de Laxe

O porto e o faro de Laxe

Laxe, famosa pola súa praia de case dous quilómetros de lonxitude, está profundamente vinculada ao mar. A confraría de pescadores ofrece visitas guiadas ás instalacións do porto e a lonxa, e a localidade conta cun Museo do Mar, situado na antiga Casa cuartel da Garda Civil, no que se mostran documentos e obxectos relacionados coa vida cotiá na Costa da Morte. Este museo abre os fins de semana durante o verán, e o resto do ano para excursións organizadas previa solicitude (Tfno. 981706965 / 981706903; E-mail museo@laxe.dicoruna.es).
Ata o faro pódese acceder en automóbil, aínda que tamén existe unha ruta circular sinalizada (PR-G 70 Laxe-Punta Insúa), que cun percorrido ao redor do cinco quilómetros rodea o Monte Insúa, partindo da poboación. Existe tamén outra ruta (PR-G 114) que seguindo a costa ao longo de case 8 quilómetros chega ata a Praia e a Lagoa costeira de Traba.
Á parte dos elementos do patrimonio natural e cultural, cabe destacar tamén a próxima Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos termos municipais de Laxe e Vimianzo.

Acceso

Contorna urbana